Viernes 29
Nesta xornada Galicia queda baixo a influencia dun sistema de baixas presións moi feble en superficie e con aire frío nas capas altas. Deste xeito os ceos estarán máis anubrados na metade sur, con chuvascos que poderían ser ocasionalmente treboentos, máis frecuentes a partir do mediodía, cando se estenderán ao resto do territorio con menor intensidade. Temperaturas mínimas sen cambios ou en lixeiro ascenso; as máximas ascenderán no terzo norte e se manterán sen cambios ou descenderán no resto. Ventos frouxos de dirección variable, agás no litoral norte onde serán de compoñente leste con intervalos moderados.
Estado do Ceo
Ceos máis anubrados na metade sur, con posibilidade de chuvascos ocasionalmente treboentos, que se estenderán con menor intensidade durante a tarde ao resto do territorio.
Temperatura
Temperaturas mínimas sen cambios ou en lixeiro ascenso. As máximas ascenderán no terzo norte e se manterán sen cambios ou descenderán no resto.
Vento
Ventos frouxos de dirección variable, agás no litoral norte onde serán de compoñente leste con intervalos moderados.
Sabado 30
A xornada do sábado será moi semellante á do venres, marcada pola influencia dun sistema de baixas presións en superficie e a presenza de aire frío nas capas altas. Deste xeito, na xornada haberá un predominio dos intervalos nubosos con posibilidade de chuvascos ocasionalmente treboentos, máis frecuentes pola tarde e nas comarcas atlánticas. As temperaturas mínimas descenderán de xeito lixeiro mentres que as máximas descenderán de xeito que podería ser notable en zonas do interior. Os ventos soprarán frouxos do sudoeste, agás na Mariña onde serán frouxos de dirección variable.
Estado do Ceo
Predominio dos intervalos nubosos con posibilidade de chuvascos, ocasionalmente treboentos, máis frecuentes pola tarde e nas comarcas atlánticas.
Temperatura
Temperaturas mínimas en lixeiro descenso e máximas en descenso que podería ser notable nalgunhas localidades do interior.
Vento
Ventos frouxos do sudoeste, agás na Mariña onde serán frouxos de dirección variable.
Domingo 31
Xornada de transición na que a inestabilidade se ira alonxando. Deste xeito haberá predominio dos intervalos nubosos en toda a Comunidade, con con posibilidade de chuvascos dispersos pola mañá que irán remitindo ao longo do día. As temperaturas terán un descenso entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán do oeste frouxos.
Estado do Ceo
Predominio dos intervalos nubosos, con posibilidade de chuvascos dispersos pola mañá, remitindo ao longo do día.
Temperatura
Temperaturas entre lixeiro e moderado descenso.
Vento
Vento frouxo do oeste.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario